Axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios

As axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios poderán solicitarse a partir do día enero de 2021.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xestionará por primeira vez este programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, reguladas polo Real decreto do 4 de agosto, para as que se prevé unha anualidade de 8,5 millóns de euros

Cómpre recordar que só se poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos

Ao abeiro destas axudas poderán subvencionarse actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables, de mellora das instalacións de iluminación

 

 

As axudas do Programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, reguladas polo Real decreto do 4 de agosto, poderán solicitarse desde mañá mesmo. Tal e como se indicaba na Resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, a partir do día 2 de xaneiro pódense solicitar estas axudas que por primeira vez xestionará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e para as que este ano se destinan os 8,5 millóns de euros, dos 17 millóns que recolle o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas ata o ano 2023.

Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acoller as incentivos para subvencionar actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables, de mellora das instalacións de iluminación

Compre recordar que estas axudas están reguladas polo Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, que fixa as bases do Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas. Neste sentido, o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) decidiu repartir os fondos dispoñibles para esta liña de incentivos entre as comunidades autónomas e que sexan estas as encargadas de convocalas.

Os beneficiarios desta liña de subvencións son as persoas propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios; as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, así como as persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Tal e como se recolle na resolución, establécense tres tipos de actuacións subvencionables: de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, aquelas que teñen entre os seus obxectivos reducir a demanda enerxética; de uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e das instalacións de iluminación, é dicir, as luminarias, lámpadas e equipamentos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación.

Para o cálculo da contía subvencionable, haberá unha axuda base e unha adicional, que se determinará con base en tres criterios, como os criterios sociais (actuacións que se realizan en edificios de vivenda de protección pública; actuacións en inmobles situados en áreas de rehabilitación), a eficiencia enerxética e que se trate dunha actuación integrada (aplicarase a porcentaxe adicional cando se realizan simultaneamente dúas ou máis tipoloxías de actuación).

Por último, as axudas deste programa son compatibles con outras axudas concedidas para o mesmo fin, sempre que non se supere o custe da actuación e as outras axudas concedidas non conten con cofinanciamento de fondos europeos. Nese sentido, o IGVS destinará un millón de euros á liña de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas, recollidas no Programa de fomento da mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas Plan 2018-2021.