- enero 27, 2021
- Posted by: Dani
- Categoría: Noticias Afyt
ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 27 de xaneiro e finalizarán ás 00:00 do día 17 de febreiro.
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS
- Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
As excepcións contémplanse no punto 4 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro. - Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
- Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.
- As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no punto 2 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: só persoas conviventes
- Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
- Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- PECHE DAS ACTIVIDADES.
- PERMITÉSE A ENTREGA A DOMICILIO ATA AS 24:00 HORAS
- PERMITESE RECOLLIDA NO LOCAL PARA CONSUMO NO DOMICILIO
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Peche temporal dos albergues turísticos.
COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS, GRANDES SUPERFICIES E MERCADOS AO AIRE LIBRE
- Locais e establecementos que non formen parte de centros ou parques comerciais, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade. Peche as 18:00 horas.
- Centros comerciais e establecementos con consideración de grandes superficies: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
- Establecementos de centros e parques comerciais: non superarán o 30% do seu aforo.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Centros e parques comerciais peche as 18:00 horas, asi como durante os sábados, domingos e festivos. Quedan exceptuados dos límites horarios indicados a parte do local destinada a venda de productos alimenticios, hixiénicos e de primeira necesidade
- Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
- Só ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara
- Suspendidas as competicións deportivas a nivel autonómico.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Peche das actividades.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL SUSPENDIDA
- Escolas oficiais de idiomas.
- Escolas de arte e superior de deseño.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
- Escola Superior de Arte Dramática.
- Conservatorios de música.
- Conservatorios de danza.
- Escolas de música.
- Escolas de danza.
- Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
- Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
- Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
- Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
- Espectáculos públicos:
- Espectáculos cinematográficos.
- Espectáculos teatrais e musicais.
- Espectáculos taurinos.
- Espectáculos circenses.
- Espectáculos deportivos.
- Espectáculos feirais e de exhibición.
- Espectáculos pirotécnicos.
- Actividades recreativas:
- Actividades culturais e sociais.
- Actividades deportivas.
Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
Poderase practicar deporte ao aire libre, só de xeito individual ou con persoas conviventes, e sempre usando máscara. - Actividades de ocio e entretemento.
- Atraccións recreativas.
- Actividades de restauración.
- Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
- Establecementos para o público:
- Establecementos de espectáculos públicos:
- Cines.
- Teatros.
- Auditorios.
- Circos.
- Prazas de touros.
- Establecementos de espectáculos deportivos
- Recintos feirais.
- Establecementos de actividades recreativas:
- Establecementos de xogo.
- Casinos.
- Salas de bingo.
- Salóns de xogo.
- Tendas de apostas.
- Establecementos para actividades deportivas
- Estadios deportivos.
- Pavillóns deportivos.
- Recintos deportivos.
- Pistas de patinaxe.
- Ximnasios.
- Piscinas de competición.
- Piscinas recreativos de uso colectivo.
- Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
- Parques de atraccións e temáticos.
- Parques acuáticos.
- Salóns recreativos.
- Parques multiocio.
- Establecemetos para actividades culturais e sociais:
- Museos.
- Bibliotecas.
- Salas de conferencias.
- Salas polivalentes.
- Salas de concertos.
- Establecementos de restauración.
- Restaurantes.
- Salóns de banquetes.
- Cafeterías.
- Bares.
- Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
- Establecementos de ocio e entretemento.
- Salas de festas.
- Discotecas.
- Pubs.
- Cafés-espectáculo.
- Furanchos.
- Centros de lecer infantil.
- Establecementos de xogo.
- Establecementos de espectáculos públicos: